A fórmula de Giráldez fallou no campo do Alavés
O Alavés pasoulle por riba ao Celta nun exercicio de intensidade
Os vigueses seguen a manter cinco puntos de marxe sobre o descenso
O Efecto Giráldez esvaeceuse en Mandizorroza. A fórmula que trouxo confianza ao celtismo e permitiu sumar 7 dos últimos 12 puntos non funcionou. O Alavés pasoulles por riba cun exercicio de intensidade, no que os saques do porteiro e os balóns parados foron determinantes.
Os goles chegaron na segunda parte. O primeiro tras un envío do gardamenta, no que os locais gañan o primeiro e logo o segundo balón. Tan só seis despois a mesma secuencia, con outro saque do porteiro, outro primeiro balón que levan e, no segundo, o seu empuxe conduce ao erro a Mingueza. Mal pase e gol de Guridi.
Partido despachado. Porque se o Celta estivo mal en defensa, outra tanto foi en ataque. Como sería que a primeira situación de perigo encontrámola no minuto 84, con Aspas. Mal partido galego que pechou o Alavés a balón parado. Cunha falta que cabeceou -cómodo- Benavidez.
Toca darlle outra volta á fórmula pra volver coller esas sensacións, esa dinámica que apuntaba a éxito.