Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno asegura que irá ao Constitucional se a Xunta crea un organismo para controlar baixas

O Goberno asegura que irá ao Constitucional se a Xunta crea un organismo para controlar baixas

Yolanda Díaz asegura na Coruña que é "absolutamente ilegal, invade competencias estatais"

Yolanda Díaz, este xoves na Coruña co delegado do Goberno, Pedro Blanco (Gustavo de la Paz/Europa Press)
G24.gal 09/04/2026 13:37

A vicepresidenta segunda do Gobierno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, advertiu este mércores que presentarán un recurso ante o Tribunal Constitucional se a Xunta crea un organismo autonómico para controlar posibles fraudes nas baixas laborais.

Tras o anuncio feito polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Díaz aproveitou un acto na Coruña para afirmar que a medida que propón "é ilegal".

"Se a Xunta continúa con esa medida imos presentar un recurso de inconstitucionalidade por invasión competencial", anunciou, á vez que acusou a Rueda de "poñer en cuestión a profesionalidade dos sanitarios públicos e a xestión súa da sanidade galega".

Para Yolanda Díaz, ese organismo para controlar posibles fraudes en baixas laborais é "absolutamente ilegal, invade competencias estatais".

"Se esta medida se materializa, anúnciolles que a imos a recorrer ante o Tribunal Constitucional", insistiu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade