Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes a suba das pensións

O Goberno aproba este martes a suba das pensións

Tamén se vai aprobar o pagamento dunha extra compensatoria 

 

G24.gal 24/01/2022 21:58

O Consello de Ministros formaliza este martes a suba do 2,5 % prevista para as pensións contributivas en 2022, co obxecto de garantir o poder adquisitivo como establece a reforma das pensións en vigor desde o primeiro de xaneiro.

Tamén aprobará unha paga extra do 1,6 %, para compensar a diferenza entre a suba de 2021 e a evolución media da inflación.

O incremento en 2022 será do 3 % para as pensións mínimas e non contributivas e para os beneficiarios do ingreso mínimo vital, que tamén recibirán a paga compensatoria.

Con esta suba, a pensión mínima de xubilación estará nos 10.103,80 euros anuais no caso unifamiliar e chegará a 12.467 euros no caso de cónxuxe a cargo. A pensión de xubilación máxima chegará aos 39.468,66 euros anuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade