O Goberno aproba a lei que blinda a sanidade universal, pero Podemos pide reverter a privatización
A norma frea os copagamentos sanitarios, e a forma preferente de xestión será a pública
Podemos cre que non frea a privatización porque matén "intacta" a lexislación impulsada por Aznar
O anteproxecto de lei aprobado este luns polo Consello de Ministros ten, entre outros obxectivos, impedir o establecemento de novos copagamentos sanitarios, aínda que non forza a reversión das privatizacións na sanidade pública, polo que non conta co apoio de Podemos.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, cualificou esta norma, de Equidade, Universalidade e Cohesión no Sistema Nacional de Saúde (SNS), de "moi importante" porque "mellora e amplía os dereitos" dos cidadáns.
A fórmula preferente de xestión será a directa pública, segundo Darias. Non obstante, a formación liderada por Ione Belarra expresou este luns que espera que os seus socios do PSOE rectifiquen e acepten as súas emendas no trámite parlamentario.
O coportavoz estatal de Podemos, Pablo Fernández, reafirmou a súa desconformidade con esta norma porque, ao seu xuízo, mantén "intacta" a normativa do Goberno de José María Aznar que permite a "privatización" da sanidade pública.
A pesar diso, Carolina Darias insistía en que esta "é unha lei de todo o Goberno".