Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aclara que o catalán non será obrigatorio para obter a regularización

O Goberno aclara que o catalán non será obrigatorio para obter a regularización

O Govern catalán pediu que se teña en conta o coñecemento deste idioma

Inclusión explica que o coñecemento das linguas oficiais é un factor máis a ter en conta para avaliar o nivel de integración, pero non un requisito obrigatorio para obter o permiso

O texto está aínda en tramitación

Ringleiras de migrantes realizan os trámites de regularización fronte o concello de Valencia (Arquivo/Rober Solsona/Europa Press) Ringleiras de migrantes realizan os trámites de regularización fronte o concello de Valencia (Arquivo/Rober Solsona/Europa Press)
G24.gal 20/02/2026 10:26

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións aclara que o coñecemento das linguas oficiais como o catalán non será obrigatorio para recibir a autorización inicial de residencia e traballo outorgada no marco da regularización extraordinaria que propón levar a cabo.

Fontes do ministerio fixeron esta declaración despois de que este xoves o Govern catalán informara de que fixera unha achega ao texto inicial, que aínda non está aprobado, para que se teña en conta o coñecemento deste idioma á hora de renovar a autorización inicial.

Desde o departamento de dirixe Elma Saiz precisan que o texto do real decreto, que busca dar permiso de residencia e traballo a todas as persoas estranxeiras que vivan en España desde antes do pasado 31 de decembro e poidan demostrar que non teñen antecedentes penais, está aínda en tramitación.

Os requisitos para a regularización

O texto debe pasar por diferentes fases, entre elas a solicitude de varios informes a institucións como o Foro para a Integración social dos Inmigrantes (FISI) e ao Consello de Estado.

Admitiranse diferentes achegas realizadas, "que en ningún caso inclúen a obrigatoriedade de coñecer ningunha lingua oficial para recibir a autorización inicial de residencia e traballo".

Desde o Goberno aclaran que, a partir do ano de vixencia do permiso inicial, as persoas poderán acollerse a outros itinerarios contemplados no regulamento de estranxeiría como a figura do arraigamento.

Pero, alternativamente, e "sempre que se manteñan as condicións que xeraron o dereito á regularización extraordinaria", poderase outorgar unha prórroga do permiso cun informe favorable de integración dos servizos sociais das comunidades autónomas, un requisito que non estaba contemplado no borrador inicial que saíu a audiencia pública.

Este informe de integración acreditará, entre outras cousas, a aprendizaxe das linguas oficiais do lugar onde reside a persoa, "todo iso en coherencia co que establece a normativa de estranxeiría en relación a todas as autorizacións". Desde o Ministerio explican que o coñecemento das linguas oficiais é un factor máis a ter en conta para avaliar o nivel de integración pero non un requisito obrigatorio para obter o permiso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade