O futuro de Ence e Alcoa centra o encontro entre Feijóo e Ribera
A Xunta priorizará a tramitación das eólicas que destinen o 50 % da enerxía á industria a través de contratos de prezo fixo
O anuncio fíxoo o presidente da Xunta durante esta xuntanza
A Xunta daralles prioridade na tramitación ás empresas que constrúan parques eólicos que destinen o 50 % da enerxía que produzan á industria a través de contratos de prezo fixo.
Foi un dos anuncios de Alberto Núñez Feijóo tras reunirse coa ministra para a Transición Ecolóxica en Santiago.
Transición enerxética xusta para as empresas galegas, ese foi o tema que centrou esta xuntanza entre ambos políticos. Mención específica para Alcoa, Alberto Núñez Feijoo insistiu en que non se pode agardar ata 2024 para volver acender as cubas.
O presidente da Xunta propón darlles prioridade aos parques eólicos que subministren o 50 por cento da súa produción á industria. A ministra díxolle que cómpre estudar esas alternativas.
Sobre Ence, sen novidades. O Goberno central fala á ministra da posibilidade de trasladar a factoría a outro emprazamento pero diferente ao porto de Marín.