O Foro de La Toja abordou as transformacións tecnolóxicas, económicas e sociais do momento
Medio cento de relatores participaron nunhas xornadas que buscaban impulsar ideas para fortalecer a democracia dende unha "ollada aberta, plural e independente"
O foro reuniu figuras como o rei Filipe VI, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez; os expresidentes do executivo Felipe González e Mariano Rajoy ou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O Foro La Toja arrincou co obxetivo de abordar os desafíos das democracias liberais ante as transformacións tecnolóxicas, económicas e sociais do momento. O discurso inaugural correu a cargo do rei Filipe VI que urxiu a renovar a orde mundial ante as ameazas que atacan a integridade dos territorios.
"É preciso renovar a orde mundial. e é preciso facelo porque ás guerras e os conflictos, algúns terriblemente familiares e próximos como os de Ucraína e Oriente Próximo, ou aos retos globais pendentes, peron na inaprazable transición enerxética; súmanse novos motivos de inquietude como as chamadas ameazas híbridas que poñen en xaque principios básicos como a seguridade, a soberanía ou a integridade territorial.", expuxo Filipe VI.
Tamén se falou na Toxa da actualidade política logo da caída dos decretos da vivenda, durante o tradicional encontro de expresidentes.
"Estamos nunha crise da vivenda. Que é unha crise dunha cor política ou doutra? Non. ë unha gravísima crise, a primeira preocupación dos españois, con razón, e dunha absoluta transversalidade." Dicía Felipe González
"Non se pode gobernar, xa dende hai moito tempo. E xa dende ha moito tempo era obrigado disolver a cámara, convocar eleccións e consultar a xente." Dixo Maríano Rajoy.
Os retos que supón a implantación da intelixencia artificial en cada vez máis ámbitos das nosas vidas, os retos de futuro das empresas españolas ou as relacións hispano-marroquís foron outros dos temas que se analizaron nun Foro en que se lle entregou o premio Josep Piqué ao expresidente de Portugal Marcelo Rebelo de Sousa.