Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival Sinsal volve á illa de San Simón na súa vixésima edición

O festival Sinsal volve á illa de San Simón na súa vixésima edición

Máis de 25 artistas e unha chea de actividades paralelas arredor da illa de San Simón

Unha cita multicultural e ecléctica que abarca desde a electrónica ao jazz, pasando polo pop, o flamenco ou a cumbia

G24.gal 22/07/2022 21:59 Última actualización 22/07/2022 22:10

O Sinsal volve encher de música a illa de San Simón cun evento único, innovador e diverso, e cun formato moi coidado que xa leva 20 anos ás súas costas. É unha das citas máis singulares do calendario festivaleiro xa que o cartel é secreto ata que o público desembarca na illa, un factor sorpresa que lle outorga unha maxia especial que seduce os artistas.

Escoitabamos a colombiana Lido Pimienta nunha cita multicultural e ecléctica que abarca desde a electrónica ao jazz, pasando polo pop, o flamenco ou a cumbia. O que non pode faltar é a música galega que se atopa nunha época dourada. Así nolo conta unha das nosas bandas máis recoñecidas: Músculo.

Un festival visionario pola chea de artistas emerxentes que tocaron na illa sendo moi descoñecidos, e que pouco despois pasaron a encabezar algúns dos festivais máis importantes do mundo.

Máis aló da música hai unha chea de propostas como exposicións, actividades acuáticas, talleres de reciclaxe ou paseos por San Simón con artistas e mariscadoras, porque o Sinsal tamén busca poñer en valor o noso patrimonio natural e inmaterial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos