Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril gaña de forma cómoda ao Langreo (0-3)

O Fabril gaña de forma cómoda ao Langreo (0-3)

David Carreira, Manuel Ferreiro e Fabi foron os goleadores dun partido que deixa os galegos ás portas de entrar no playoff de ascenso

G24.gal 15/02/2025 21:00

Langreo e Deportivo Fabril enfrontáronse nun partido clave da Segunda RFEF na loita polo acceso ao playoff. Os galegos impuxéronse con contundencia aos asturianos cun 3-0, nun encontro en que resultou chave a expulsión do local Joselu Guerra cando so ían disputados 13 minutos. A partir de aí o Fabril fíxose co control e, co paso dos minutos, foino plasmando no marcador.

David Carreira abriu a lata para os da Coruña no minuto 38, despois viría o tanto de Manuel Ferreiro no 45 e o definitivo gol de Fabi no 63. Con esta vitoria o Fabril sitúase a un punto de distancia do playoff nunha praza que arestora pertence ao Salamanca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade