Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Castillo, expresidente do Perú, ingresa en prisión tras o autogolpe de Estado frustrado

A Fiscalía impútalle a Castillo rebelión e quebrantamento da orde constitucional
G24.gal 08/12/2022 14:09

Tras tomar de posesión coma presidenta, Dina Boluarte iniciaba o seu mandato facendo un chamamento á unidade.  Avogada de 60 anos, Boluarte convertíase na primeira muller en presidir o país andino despois de que o Congreso debatera a terceira moción contra Castillo, ao que acabou destituíndo.  

Castillo, que chegara ao poder co partido esquerdista Perú Libre, era detido na prefectura de Lima cando tentaba escapar, presuntamente, á embaixada de México tras anunciar a disolución do Congreso e decretar toque de queda, sen apoio dos seus propios ministros nin das Forzas Armadas. 

A Fiscalía impútalle os delitos de rebelión e quebrantamento da orde constitucional. Poderíanlle caer entre 10 e 20 anos de cadea. Ingresou xa na prisión de Bardadillo, poñendo fin a un goberno convulso de ano e medio con cinco acusacións de corrupción contra el e membros da súa familia. Mentres nas rúas se manifestaban simpatizantes e detractores de Castillo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos