Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exército incorpora un dron máis potente á vixilancia contra os incendios forestais

O exército incorpora un dron máis potente á vixilancia contra os incendios forestais

30 patrullas estarán nos montes de Galicia do 15 de agosto ao 1 de outubro 

O dron PASI ten 14 horas de automía e maior resolución de imaxe

Pode ver un coche a 22 quilómetros de día e 15 de noite

G24.gal 10/08/2022 15:16 Última actualización 10/08/2022 15:52

Do 15 de agosto ao 1 de outubro o exército sumarase como cada verán, desde hai quince anos, ao dispositivo de prevención contra o lume nos montes en Galicia.

30 patrullas farán labores de vixilancia e disuasión nos 33 concellos onde a experiencia di que hai un maior risco de incendios.

A despregadura da operación Centinela é practicamente a mesma do ano pasado, pero reforza o papel dos drons.

Ao pequeno RAVEN, que ten unha autonomía de hora e media, súmase esta vez outro dispositivo aéreo de nivel 2, que pode voar 14 horas seguidas de día ou de noite e achega maior resolución de imaxe.

Na presentación do operativo en Pontevedra, só se puido ver unha pequena maqueta, porque o orixinal, de seis metros de longo, manterá a base en León.

Partirá de alí cada día, pero o seu manexo e seguimento farano desde un posto de control na Brilat de Figueirido. 

O conselleiro do Medio Rural referiuse á achega que poden facer estes dispositivos para controlar a potenciais incendiarios baixo sospeita.

José González destacou o incremento da colaboración cidadá na achega de información.

En xullo recibíronse 120 chamadas no 981 815 085 con datos que poden ser relevantes para dar cos autores dos incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade