O exdeportivista Pablo Marí, operado con éxito tras ser acoitelado onte en Italia
Marí militou no club coruñés na temporada 18-19 e despois xogou no Brasil, en Inglaterra e en Italia
O exdeportivista Pablo Marí Villar é un dos apuñalados nun supermercado da localidade de Assago, preto de Milán. O ataque produciuse ás 18:30 horas cando un home de 45 anos agarrou un coitelo no establecemento dun centro comercial e comezou a anavallar as persoas que atopaba no seu camiño e feriu seis. Segundo os servizos de emerxencia, un caixeiro faleceu polas feridas de arma branca.
Pablo Marí foi operado esta mañá tras ser acoitelado onte en Milán. Os doutores din que a intervención foi ben e que necesitará dous meses para volver facer deporte.
Entre os feridos confirmáronse catro homes, de 29, 30, 40 e 80 anos. Tres deles, de gravidade e un foi evacuado en helicóptero.
Pablo Marí, que xogou unha temporada no Deportivo, está a xogar cedido esta temporada no Monza, equipo do que é propietario Silvio Berlusconi.
👉 Pablo Marí podrá entrenarse en dos meses tras ser apuñalado.
— EFE Deportes (@EFEdeportes) October 28, 2022
🏥 "La intervención quirúrgica para reconstruir los dos músculos lesionados de la espalda de Pablo Marí salió bien y se espera sea dado de alta en dos o tres días", se lee en el parte médico enviado a EFE. pic.twitter.com/4NztZVmyTm