Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación na raia pola declaración do estado de calamidade en Portugal

Preocupación na raia pola declaración do estado de calamidade en Portugal

Ás portas do Nadal, os sectores da hostalería e o turismo serán os máis afectados

G24.gal 26/11/2021 14:43

 "Estamos desesperados, non sabemos que imos facer porque nós vivimos cos nosos irmáns, que son os españois, polo tanto é a única cousa que lles pido no fondo do meu corazón aos españois: que non nos pechen as fronteiras", suplica un portugués de Valença do Miño.


O Goberno portugués xa anunciou que quere manter as fronteiras abertas, pero os que viven na raia teñen medo, estas medidas serán un obstáculo máis para o sector.

"Ao turismo vaille afectar, se é por traballo non queda outra vir ás empresas, pero por turismo claro que será un destino ao que imaxino lle vai afectar moito", apunta unha galega que traballa de recepcionista en Portugal.

"Eu esta semana xa notei que hai menos xente que de costume, estábase traballando moi ben e esta semana xa se nota unha baixada", explica un hostaleiro portugués.

O feito de ter que presentar unha proba negativa para entrar en pubs e discotecas, para aterrar en Portugal e para asistir a eventos deportivos e culturais vaise converter nun novo atranco económico.

"Imos ver, se fose un test rápido que custa un euro oitenta ou noventa cada test pero se é un de laboratorio váleche 25 euros, cada vez que queres ir a unha discoteca vas gastar 25 euros? Imposible!, sentencia o hostaleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade