Publicador de contidos

Publicador de contidos

O espectáculo 'Sen patrón' representouse na Cidade da Cultura no Día Mundial do Circo

O espectáculo 'Sen patrón' representouse na Cidade da Cultura no Día Mundial do Circo

Centos de familias achegáronse ata a Cidade da Cultura para gozar dunha tarde de circo ao aire libre

Sen patrón é o último espectáculo da prestixiosa compañía galega Pistacatro, galardoada en 2025 con Premio Nacional de Circo

G24.gal 19/04/2026 20:04

Centos de familias achegáronse ata a Cidade da Cultura para gozar do circo ao aire libre. Na pista instalada no xardín do Teatro houbo malabares, teatro, mimo... e, sobre todo, moito humor.

Para celebrar o Día Mundial do Circo a Xunta programou o espectáculo Sen patrón, a última creación da prestixiosa compañía galega Pistacatro, galardoada con Premio Nacional de Circo en 2025.

"Gustáronme moito os malabarismos".

"Estaban os señores pasando a cadeira ou un ao outro e logo un deles caía".

"A min gustoume cando caían, porque caían e volvían caer".

Unha tarde de diversión en familia que a moitos lles trouxo lembranzas daquelas outras tardes máxicas que pasaron no circo cando eran nenos.

"Si, cando iamos de pequerrechos. Viña a Noia e nós, meu curmán e máis eu, montamos en elefante. Iso quedoume gravado".

"Estabas desexando que chegase o día en que te levasen teus pais. Ías cos teus pais e despois estaba a graza de ver os pallasos, á parte dos animais...".

Foron moitas as vilas e cidades galegas que programaron espectáculos para renderlle homenaxe ás artes circenses, que malia que cambiaron co paso dos anos seguen abraiando a pequenos e maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade