Publicador de contidos

Publicador de contidos

O esgrafiado, unha arte decorativa de orixe mudéxar, tivo unha evolución singular en Galicia

O esgrafiado, unha arte decorativa de orixe mudéxar, tivo unha evolución singular en Galicia

Recobren edificacións da Ribeira Sacra e dos Camiños de Santiago 

Mar López Sotelo catalogou máis de mil e estudou as suas diferencias cos esgrafiados doutras rexións

A investigadora procura que se recupere a técnica para que se fagan novos esgrafiados

G24.gal 08/08/2022 10:09

Na Ribeira Sacra e na contorna dos Camiños de Santiago é habitual un tipo de decoración que se fai cunha mistura de area e cal para cubrir algunhas paredes de pedra. Mar López Sotelo leva oito anos catalogando e estudando estas ilustracións. Leva rexistradas máis de mil, pero unha que resultou clave na súa investigación é a dunha casa do Val de San Vitorio, no concello do Saviñao que representa unha escena de caza e que ela define como "a cova de Altamira do esgrafiado galego". 

"Recobren e decoran con escenas ou simulan a cachotería para dar idea de boa calidade da pedra. O 99 % dos que teño catálogados están abandonados" 

Con toda a información que fora recompilando, esta obra axudoulle a ver claro que o que algúns estudos describían vagamente como decoracións en cal son en realidade esgrafiados, unha técnica artística de tradición mudéxar, que en Galicia perdurou ata o século pasado e tivo unha evolución moi singular. Un dos trazos diferenciais do esgrafiado galego é que non se limita á reprodución repetitiva de formas, senón que introduce outro tipo de figuras e escenas a semellanza da arte rupestre ou a do románico. Coa súa investigación logrou que se recoñecera a nivel artístico o esgrafiado galego.

"Agora temos a satisfacción de que sexa recoñecido o esgrafiado galego e que se poida estudar en comparativo co segoviano, o catalón o neomudéxar ou calquera outro"

Coas máis de mil obras que leva catalogadas, a investigadora aspira a que se faga un museo ao aire libre que axude a preservalas.  Por iso outra das súas prioridades e que se coñeza a técnica, porque, aínda que por principio o que se aconsella é conservar as obras tal como están, no caso de que sexa necesario intervir, compren profesionais capacitados para facelo. Amais de coidar ben o que hai, Mar confía e que os futuros profesionais achegarán tamén novas creacións. 

"Coidadiño coas restauracións, que teña unha protección e que se volva recuperar este arte para que non desapareza"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade