Publicador de contidos

Publicador de contidos

O escritor Domingo Villar, na UCI tras sufrir un ictus

O escritor Domingo Villar, na UCI tras sufrir un ictus

O escritor foi atendido na súa casa sobre as 5:00, tras espertar cunha forte dor de cabeza. O 061 acudiu ata o seu domicilio, onde o atoparon en parada cardiorrespiratoria

G24.gal 16/05/2022 12:37

O escritor vigués Domingo Villar atópase ingresado na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir un ictus.

O escritor foi atendido na súa casa sobre as 5:00, tras despertarse cunha forte dor de cabeza. O 061 acudiu ata o seu domicilio, onde o atoparon en parada cardiorrespiratoria. 

Villar, nacido en 1971, é o principal expoñente da novela negra en Galicia con títulos como ‘Ollos de auga’, ‘A praia dos afogados’ ou ‘O último barco’. Hai menos de dous meses foi galardoado polo Concello de Vigo como Vigués Distinguido.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade