Publicador de contidos

Publicador de contidos

O epidemiólogo José Tuells afirma que non hai motivo de alarma fronte a variante ómicron

O epidemiólogo José Tuells afirma que non hai motivo de alarma fronte a variante ómicron

O coordinador de vacinas da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria asegura que por agora non hai ningunha razón para pensar que ómicron non se comporte como outras variantes xa coñecidas

30/11/2021 13:40

Para José Tuells a detección da nova variante no sur de África está causando a mesma expectación que cando hai uns meses apareceu a variedade Delta no Reino Unido, coa diferencia de que daquela non se pecharon as fronteiras con este país. 

Nunha entrevista na Radio Galega, Tuells cre que é aínda cedo para saber se esta nova variante ten máis capacidade de transmisión, se vai ser máis virulenta ou se vai escapar á acción das vacinas actuais. O que si sabemos, aclara o epidemiólogo, é que xera moitas mutacións e isto é o que preocupa á comunidade científica. 

En todo caso, Tuells insiste en que a clave para evitar o avance do virus é vacinar á poboación daqueles países, como os da maioría do continente africano, con ínfimos índices de inmunización. Ademais considera discriminatorio impoñer restricións de viaxes a países que como Suráfrica cumpriron coa súa obriga de detectar a variante e comunicar o achado aos organismos internacionais. "Non se pode estigmatizar a aqueles que o fan ben", afirmou.

O epidemiólogo José Tuells considera que se se demostra que a variante Ómicron é resistente ás vacinas actuais, os laboratorios poderían facer as modificacións necesarias para combatela se fose necesario en menos dun mes. Pero cre probable que as vacinas actuais sexan eficaces contra esta nova variante.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade