Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Enduro de Tui contou coa presenza das grandes figuras deste deporte

O Enduro de Tui contou coa presenza das grandes figuras deste deporte

Por aí estiveron o británico Steve Holcombe, sete veces campión do mundo, ou Sergio Navarro, o andaluz campión mundial júnior

G24.gal 03/05/2022 13:51

Estamos na zona histórica de Tui, rodeados de motos. Son os participantes da terceira proba da liga de moto nesta temporada: o Enduro de Tui.

Contou coa presenza de numerosos pilotos internacionais a poucos días de celebrar a primeira proba do campionato do mundo en Lalín.

Por aí estiveron o británico Steve Holcombe, sete veces campión do mundo, Sergio Navarro, o andaluz campión mundial júnior hai dous anos, Adriá Sanchez ou Álex Puey.

Sergio Navarro superou a todos. Da bancada galega sobresaíu o lucense Abel Carballés. O piloto de Pol finalizou no sexto lugar.

Cento setenta motos participaron neste Enduro de Tui. A próxima cita da liga galega de moto de campo será en Piñor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos