Cargando resultados...
O día que Pelé falou para a TVG: "Estase acabando o fútbol de corazón"
En 1992 xa falaba de temas que seguen de actualidade: "Os nenos pensan máis no contrato que en demostrar que saben xogar ao fútbol"
G24.gal
30/12/2022 10:49
Pelé foi todo un persoeiro. En 1992 atendeu ás cámaras da Televisión de Galicia nunha entrevista realizada en Barcelona.
O noso compañeiro Xoán Manuel García tivo o privilexio de entrevistar o astro brasileiro. As súas impresións sobre como os cartos mudaron o interese dos futbolistas e os problemas que provoca na celebración dos mundiais, son agora de plena actualidade. Un asunto do que xa falaba Pelé hai 30 anos.