Cargando resultados...
O desfile choqueiro enche de troula e retranca a rúa da Torre no barrio coruñés de Monte Alto
As comparsas poñen a música, pero nesta xornada os protagonistas son as choqueiras e choqueiros
G24.gal
04/03/2025 21:23
Martes de entroido na rúa da Torre, no barrio coruñés de Monte Alto. As comparsas poñen a música, pero nesta xornada os protagonistas son as choqueiras e choqueiros. Este é o seu desfile.
Acompañada pola súa comparsa Monte Alto a cen non podía faltar na rúa da Torre A Paca, choqueira do ano que xa ten a súa placa no Paseo da fama do Entroido coruñés. A rúa énchense de creatividade e orixinalidade con visión crítica cargada de retranca.
A festa continurá ata ben entrada a noite para poñerlle fin este mércores co enterro da sardiña.