Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo viaxará a Madrid sen Lucas Pérez e Mella

O Deportivo viaxará a Madrid sen Lucas Pérez e Mella

Lucas non entrou na convocatoria e non xogará fronte ao Raio Majadahonda

A Lucas súmaselle a ausencia de David Mella, concentrado coa selección sub-19

O Deportivo, líder, buscará tres puntos vitais para o ascenso fronte ao colista da categoría

Imaxe de @RCDeportivo
G24.gal 22/03/2024 13:56 Última actualización 22/03/2024 15:32

O Deportivo xogará este sábado a partir das 18:00 a primeira das súas próximas dez finais polo ascenso. O rival será o Raio Majadahonda, pechacancelas e que acumula oito xornadas sen gañar. No partido da primeira volta, en Riazor, os coruñeses non foran capaces de superar aos madrileños nun encontro que rematou sen goles (0-0).

Para este fin de semana, Idiakez non contará dúas pezas fundamentais no resurxir deportivista dende o comezo do ano 2024, o canteirán David Mella está concentrado coa selección sub-19. A esta ausencia súmaselle a de Lucas Pérez. 

 

Ademais, Imanol aproveitou para valorar o empate obtido na xornada anterior fronte ao Sabadell, xa que a pesar do tropezo destaca que o equipo se mantén líder.

A pesar de manter o liderado, o técnico vasco avisa da loita que se presenta polo ascenso, xa que considera que ata seis equipos que poden conseguir ese obxectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade