O Deportivo vence en Córdoba (1-3) e volve liderar a Segunda División
Quagliata, Yeremay (p) e Mella asinaron os goles dun importante triunfo
O deportivismo disfrutou en Córdoba da súa tormenta perfecta. Terceira vitoria consecutiva, triunfo ante un rival directo e liderato.
Durante unha hora, os coruñeses tiveron que soportar o chaparrón de xogo e oportunidades do conxunto andaluz ata o punto de converter a Parreño no auténtico paraugas do equipo.
Neste tramo, os de Hidalgo apenas se achegaron a meta de Iker Alvarez, salvo nun disparo de Luismi Cruz, rexeitado providencialmente por Fomeyem que caeu lesionado na acción.
Sete disparos efectuaron os cordobeses nun primeiro tempo no que foron claramente superiores.
Tralo descanso, o Córdoba continuou co seu acoso. Parreño tivo que volver intervir a remates de Fuentes e de Isma Ruiz.
Sen embargo, foi o Deportivo o que golpeou na primeira que tivo. A hora de xogo, Yeremay asiste a Quagliata que marca case sen ángulo dun durísimo disparo.
Primeiro gol do italiano coa camiseta do Deportivo.
Pouco lle durou a ledicia os herculinos que seis minutos despois viron como Carlos Isaac gaña a liña de fondo e o seu centro introdúceo Noubi na súa propia portería.
Nese momento, o encontro entrou nun ida e volta do que saiu beneficiado o Deportivo. Alves comete penalti sobre Eddachouri e recibe, ademáis, o seu segundo cartón amarelo.
Do lanzamento encárgouse Yeremay, o estilo Panenka, para lograr o un a dous e o seu quinto gol na Liga. E co Córdoba envorcado na busca do empate, os de Hidalgo pecharon a vitoria nunha contra lanzada por Yeremay, culminada por David Mella. Cuarto gol do canteirán, que tan só levaba doce minutos no campo.
A efectividade, contundencia e pegada viña de darlle o Deportivo a súa quinta vitoria fóra da casa que o confirma como o mellor visitante da categoría.