Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo sumarase ao fondo CVC da Liga

O Deportivo sumarase ao fondo CVC da Liga

Deberán decidilo os seus accionistas nunha xunta extraordinaria do club que se celebrará, en primeira convocatoria, o venres 11 de outubro

G24.gal 11/09/2024 11:01 Última actualización 11/09/2024 11:05

O Deportivo anunciou este mércores que se vai adherir ao fondo CVC da Liga se así o deciden os seus accionistas nunha xunta extraordinaria que se celebrará, en primeira convocatoria, o venres 11 de outubro.

Na xunta, ademais, está previsto ratificar os nomeamentos de Juan Carlos Escotet, Massimo Benassi e Marta Fernández Currás como novos conselleiros do club, propiedade da entidade financeira Abanca.

No cuarto punto da orde do día, o club votará "a contía máxima de retribución de todos os conselleiros por todos os conceptos, ao amparo do artigo 249 da Lei de Sociedades de Capital".

A xunta de accionistas tamén someterá a votación as contas anuais pechadas o pasado 30 de xuño e o orzamento correspondente á tempada 2024-2025, relativo ao exercicio económico comprendido entre o 1 de xullo do 2024 e o 30 de xuño do 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade