Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo recupera este mércores o partido adiado da primeira xornada

O Deportivo recupera este mércores o partido adiado da primeira xornada

Riazor acollerá o partido ás 20:00 horas, e poderá verse pola G2 e G24.gal 

G24.gal 26/09/2022 21:33

Despois do empate no derbi, o Deportivo non ten tempo a lamentos e xa pensa na próxima cita, que será este mércores O partido aprazado da primeira xornada é contra o equipo ascendido administrativamente, o Talavera.  

Mario Soriano adestrouse co grupo, pero é dúbida por molestias musculares, e Borja Jiménez terá que ver se dosifica o xogador nunha semana en que hai dous partidos. Os coruñeses levan dúas vitorias e dous empates, son sextos cun partido menos.

O encontro xogarase no Municipal de Riazor ás 20:00 horas e poderá verse pola G2 e G24.gal. Será o primeiro dos dous partidos que dispute como local e nos que agarda recuperar o ritmo dos primeiros clasificados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos