Cargando resultados...
O Deportivo recibe en Riazor o Córdoba dos récords como visitante
O conxunto cordobés leva cinco vitorias seguidas a domicilio
O triunfo en Oviedo encheu de optimismo o conxunto coruñés, que agarda darlle unha alegría á súa afección
G24.gal
06/03/2025 20:50
A xornada arranca cedo para o Deportivo esta semana. Este venres pola noite recibe o Córdoba, noveno clasificado con tres puntos máis que os coruñeses. Os andaluces, que veñen de golear o Granada, suman cinco vitorias consecutivas fóra da casa. Os de Gilsanz chegan nun gran momento anímico tras derrotar o Oviedo no Tartiere. O técnico ve o equipo capacitado para competir con calquera.
Gauto e Escudero son baixa para esta cita. Catro titulares habituais do once deportivista, Ximo Navarro, Barcia, José Ángel e Mario Soriano están a unha tarxeta da suspensión.