Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo prepárase para o partido que pode devolvelo á Primeira División

O Deportivo prepárase para o partido que pode devolvelo á Primeira División

A expedición viaxou onte a Valladolid, onde haberá milleiros de deportivistas

Unha vitoria garante o ascenso, aínda que poderían abondar outros resultados

G24.gal 24/05/2026 10:14

O gol de Zaka ante o Andorra outorgoulle dúas balas ao Deportivo. Unha situación privilexiada, pero que esixe moita calma ante a forte presión por lograr o obxectivo. Fáltanlle tres puntos e a intención lóxica é pechar o asunto en Valladolid. Cómo? Con fútbol e con moita cabeza.

Antonio Hidalgo conta con todos, agás David Mella, para o compromiso en Pucela. E conta tamén co apoio incondicional da afección deportivista, sexa en Valladolid ou desde A Coruña.

Responsabilidade e concentración máximas dentro do equipo. E ilusión, moita ilusión para o deportivismo, que quere volver a primeira oito anos despóis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade