Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo pon a directa: seis puntos de vantaxe a seis xornadas do final

O Deportivo pon a directa: seis puntos de vantaxe a seis xornadas do final

O Celta Fortuna ascende á terceira posición despois de golear o Lugo

O Arenteiro ten a vindeira xornada unha bala para soñar co play off, pois recibe a Ponferradina

G24.gal 15/04/2024 21:11

O Deportivo afiánzase no liderado tras derrotar o Teruel, non sen sufrimento. Os de Idiákez remontaron un partido que por momentos se lles fixo costa arriba con dous goles de Barbero e un terceiro de Yeremay. Xornada redonda para os coruñeses que suman trece encontros sen perder e ademais se viron beneficiados polas derrotas de Barça B e Nástic.

O Celta Fortuna asinou ante o Lugo o seu terceiro 4-1 consecutivo como local. Os de Trashorras fixeron moi bo partido durante algo máis de 30 minutos, de feito adiantáronse no marcador. Pero un erro de Lucas propiciou o empate antes do descanso e aí todo mudou. A saída de Raúl Blanco na segunda metade e a efectividade da dianteira celeste fixeron o resto.

O Lugo suma a terceira derrota consecutiva. Trashorras cre que é tempo de redirixir os obxectivos da temporada.

O Arenteiro impúxose con solvencia e bo fútbol na súa visita ao Cornellá e colócase sétimo a oito puntos dos postos de promoción para o ascenso. O equipo de Javi Rey permítese soñar con todo. A próxima semana recibe en Espiñedo a Ponferradina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade