Cargando resultados...
O Deportivo muda obxectivos e céntrase en asegurar o segundo posto
G24.gal
29/03/2022 21:19
Por vez primeira en toda a temporada no Deportivo evitan falar de pelexar polo ascenso directo. Tras a dolorosa derrota en Balaídos, Diego Villares non agocha que agora mesmo o obxectivo debe ser o de asegurar o segundo posto con vistas ao play-off. O segundo posto daría certas vantaxes na dobre eliminatoria que ten que superar o equipo que queira xogar a vindeira temporada no fútbol profesional.
O vindeiro partido será decisivo. Xoga contra o Majadahonda, que está a só catro puntos dos deportivistas. Verémolo na G2 o sábado ás 19:00 horas.