Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo empata en Burgos cun rival directo (1-1)

O Deportivo empata en Burgos cun rival directo (1-1)

O equipo coruñés suma 65 puntos e mantén a distancia de catro cos burgaleses

G24.gal 25/04/2026 20:49

A posta en escena do Deportivo invitouo o optimismo. Luismi tivo a primeira ocasión. E o cuarto de hora marcou o cero a un nunha espléndida xogada combinativa iniciada por Yeremay, continúa Quagliata, deixa Luismi e remata Nsongo. Cuarto gol do camerunés, segundo de xeito consecutivo o primeiro toque.

O partido e o resultado xogaban a favor do Deportivo que, sen embargo, perdeu o control da situación. O Burgos meteulle máis intensidade o encontro e comezou achegarse con perigo a meta de Alvaro Fernández. Primeiro cun remate de David González. Logo cunha cabezada de Fer Niño. 

Ante o cariz que estaba a tomar o encontro, os coruñeses optaron por curtar o ritmo. Alvaro cambiou a súa camiseta. As protestas de Mario González acabaron por custarlle a expulsión. E case de seguido, nun balón colgado sobre a área, o VAR alertou a Fuentes Molina dun posible cobadazo de Quagliata sobre Sergio González. O colexiado acode a velo e decreta penalti e cartón amarelo para o italiano. Do lanzamento encargouse o especialista Curro Sánchez para poñer o un a un no minuto 41. Sétimo gol do andaluz, cinco deles desde os once metros.

A segunda metade mantivo as mesmas constantes. Maior agresividade nos burgaleses ante un Deportivo que se encontraba incómodo. Escudero, que acababa de entrar no campo, tentou sacudirse o agobia cun disparo lonxano. E Fer Niño fixo lucirse a Álvaro nun magnífico remate de cabeza. Con igualdade no marcador chegouse o tempo de prolongación onde o ex deportivista Mollejo estrelou a pelota no traveseiro. Para a continuación dar paso a outro lanzamento de Escudero que marchou rozando o poste.

Un a un final, que deixa ao Deportivo con 65 puntos, catro de vantaxe sobre o Burgos e, de momento, na zona de ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade