Cargando resultados...
O Deportivo comeza a pretemporada cun triunfo en Arteixo
O partido serviu coma homenaxe ao gran Arsenio Iglesias
G24.gal
23/07/2022 21:26
O Deportivo estreouse en Arteixo, onde o equipo local e os coruñeses rendéronlle homenaxe a Arsenio Iglesias na súa vila natal coa presenza da súa familia. E non perdan o saque de honra da súa neta.
Despois, os de Borja Jiménez iniciaron o seu camiño de pretemporada con vitoria. Abriu o marcador Martín Ochoa aos vintecinco minutos, logo de roubar un balón dentro da área rival. Seis minutos despois, o canteirán vestiuse de asistente para que marcase o segundo Yeremay. Xa no treito final do partido, Jaime acadaba o cero a tres definitivo. Estrea con vitoria dos de Borja Jiménez.