Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo cae no Molinón e queda en terra de ninguén (2-1)

O Deportivo cae no Molinón e queda en terra de ninguén (2-1)

O Sporting adiantouse con dous goles á contra e case certifica a permanencia

Barbero meteu ao Deportivo no partido, pero o empate non chegou

G24.gal 10/05/2025 18:16

O partido comezou con dominio alterno, e cos dous equipos atopándose máis cómodos con espazo e ao contraataque. Así chegaron os primeiros achegamentos do Deportivo, e así foi como abriu o marcador o Sporting. Foi nunha rápida transición que culmou Nico Serrano cun disparo cruzado desde a esquerda. Era o minuto 17.

O Deportivo intentou reaccionar tras o gol. Soriano probaba sorte cun lanzamento lonxano que marchou preto do pau, mentres o Sporting seguía agardando para saír á contra. E, no último minuto desta primeira metade, os locais volvían atopar premio. Desta volta era Nacho Méndez o que anotaba o segundo, e deixaba o partido moi costa arriba para os galegos no descanso.

Gilsanz moveu o banco ao descanso, pero a decoración non mudaba de inicio, estrelando Guille Rosas un balón no pau despois do despexe de Helton. Xusto a seguir, era Cristian Herrera o que tiña unha clara ocasión para o Deportivo, pero o seu remate marcháballe fóra. Aos 61 minutos chegaba a acción que agardaban os de Gilsanz. Un bo servizo desde a dereita de Diego Gómez aproveitábao Barbero, que se adiantaba a toda a defensa para anotar o 2-1 e meter de cheo ao Deportivo no partido.

Estivo a piques de reaccionar axiña o Sporting, que gozou dunha clara ocasión xusto a seguir que remataba fóra Nico Serrano, e despois Nacho Méndez topaba cun paradón de Helton a boca de xerro. Tamén puido marcar nese treito Róber Pier á saída dun córner.

No treito final, o Deportivo intensificou o seu dominio, co Sporting defendendo unha vitoria mínima pero vital para os seus intereses. Cristian Herrera volvía ter un balón claro, pero volveuno rematar fóra. O 2-1 final é un auténtico balón de osíxeno para o Sporting, que ten na man a salvación, e deixa ao Deportivo xa sen opcións de pelexar pola promoción de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos