Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca confirmar mañá a súa recuperación en Córdoba (18:30h, TVG)

O Deportivo busca confirmar mañá a súa recuperación en Córdoba (18:30h, TVG)

O cadro de Antonio Hidalgo busca a terceira vitoria consecutiva

G24.gal 15/11/2025 14:55

De arrriba a abaixo e volta a subir. Poucos equipos marcan curvas tan pronunciadas no seu progreso na táboa clasificatoria nestas 13 primeiras xornadas. 

As vitorias de Zaragoza e a Cultural permítenlle ao deportivismo volver gozar deses momentos doces que xa viviran ao comezo de temporada. "Xa avisei de que esta categoría era un vaivén de emocións, está moi igualada", afirmaba Antonio Hidalgo na previa.

Un vaivén no que ata agora só dous equipos conseguiron manterse máis de dúas xornadas líderes: O Racing de Santander e o Deportivo. "Temos que darlle valor á situácion na que está agora o equipo, que non é facil a estas alturas", indica o técnico.

Non é fácil manterse. E a aspiración de estar no máis alto vailles esixir unha terceira vitoria consecutiva. Pero afrontan unha das saídas máis complicadas da temporada, advirte Hidalgo: "O Córdoba é un equipo que vai adiante, que te estresa moitísimo, que tes uns inicios e finais de partido moi intensos"

Un rival experto en adiantarse nos primeiros minutos de xogo. E tamén en rescatar puntos no tempo engadido dos partidos, como fixo a semana pasada en Málaga. "Temos que combater iso con balón e ser atrevidos tamén", di Hidalgo.

O equipo de Iván Ania estresará a capacidade goleadora dun Deportivo que xa está en Córdoba. Alí realizará esta tarde o último adestramento previo ao partido de mañá. Será o momento de confirmar o bo estado físico de Gragéra e Yeremay, que traballaron con precaución esta semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade