O Deportivo avanza na contratación do lateral esquerdo italiano Quagliata
Sería o complemento de Escudero, o único xogador específico desa posición que ten Antonio Hidalgo
O Deportivo precisa un lateral esquerdo e a solución podería estar en Italia. O club avanza con paso firme na contratación do lateral esquerdo italiano Giacomo Quagliata (25 anos). Descartada a opción de recuperar a Obrador e o Iano Simão camiño do Peñafiel portugués Antonio Hidalgo só ten á súa disposición a Escudero, moi castigado polas lesións a campaña pasada.
Quagliata pertence ao Cremonese, pero na última media temporada estivo cedido no Catanzaro, da Segunda División italiana. Xogou no Bari e no Pro Vercelli antes de dar o salto aos Países Baixos, onde estivo dúas campañas e media no Heracles, da máxima categoría. En 2022 volveu a Italia para xogar no Cremonese, pero non acabou de asentarse como o lateral zurdo titular.