Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca supera o Granada cunha gran Ainhoa (2-0)

O Deportivo Abanca supera o Granada cunha gran Ainhoa (2-0)

Ainhoa marcou os dous goles 

Partido serio e moi traballado das coruñesas

Homenaxe a Millene polos seus 100 partidos

G24.gal 06/12/2025 15:09 Última actualización 06/12/2025 15:47

O Deportivo Abanca arrancou este curto mes de decembro, desde o punto de vista competitivo, cunha vitoria chea de oficio ante o Granada. Cun partido atrapallado no inicio, cheo de dúbidas, ao que souberon sobrepoñerse as galegas.

Co seu oficio e unha boa presión, o Deportivo trazou un partido de roubo e saída no que brillou Ainhoa Martín. Ela protagonizou a acción do primeiro tanto, cunha arrancada desde a medular que encontrou colaboración involuntaria de Ari Mingueza e que a propia Ainhoa acabou por pechar cun regate marabilloso, o máis puro estilo Messi.  Minuto 43.

Á volta dos vestiarios, o Granada tratou de ir arriba, xogou os seus mellores minutos e dispuxo de oportunidades, pero aí topou coa figura de Inés Pereira, a gardameta local. E no medio do empuxe nazarí e da incerteza no marcador, un roubo na medular e un balón longo deron co segundo de Ainhoa, para pechar o partido. 

Dous a cero final en Riazor, triunfo deportivista que fala de sacrificio, de oficio. E dunha enorme Ainhoa Martín

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar