Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca regresa a Riazor para buscar o impulso definitivo

O Deportivo Abanca regresa a Riazor para buscar o impulso definitivo

Quedan catro xornadas para o final do campionato e sácalle catro puntos ao Español

Reciben o Europa, un equipo que pelexa por evitar o descenso

G24.gal 28/03/2024 16:32

Na Segunda División Feminina de fútbol, o Deportivo Abanca acariña o ascenso á máxima categoría. O Barça B ocupa o primeiro posto pero non pode ascender e o Deportivo, con 48 puntos, mantén unha renda de 4 puntos sobre o Español, o seu máis inmediato perseguidor.

Este domingo as de Irene Ferreras volverán xogar en Riazor. Xa o fixeran esta temporada ante o Alavés obtendo a vitoria. O rival será o Europa. Son catro puntos de vantaxe e só catro xornadas de liga para conseguir o ansiado ascenso. Todas no equipo son conscientes de que gañar este encontro é imprescindible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade