O Deportivo Abanca reacciona e saca un empate no campo do Español (2-2)
As locais adiantáronse por dúas veces no marcador
Paula e Carlota Suárez marcaron os goles coruñeses
O Deportivo Abanca sacou un empate do campo do Español que lle permite manterse na zona alta da clasificación. Non estaba a facer unha boa temporada o seu rival pero ata en dúas ocasións tivo que reaccionar o Deportivo para acadar a igualada.
Un gol de Baudet no minuto 9 permitiulle tomar vantaxe ao cadro españolista. Empatou no 28 o Deportivo grazas a un disparo afastado de Paula que botou xusto diante da porteira local.
O partido era de dominio deportivista pero o cadro galego viuse outra vez por debaixo no marcador cun autogol de Samara. Por sorte, reaccionou decontado o Abanca e Carlota Suárez (catro goles nos últimos dous partidos) anotou o gol do empate (2-2).