Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca queda eliminado da Copa na primeira eliminatoria

O Deportivo Abanca queda eliminado da Copa na primeira eliminatoria

Perdeu por 1-0 ante o Atlético Baleares, dunha categoría inferior

G24.gal 13/09/2023 21:58

O Deportivo Abanca quedou eliminado da Copa da Raíña na primeira eliminatoria. Caeu no campo do Atlético Baleares, da Segunda Federación, por 1-0. 

O Deportivo, equipo punteiro na Primeira Federación, partía como favorito no partido, pero non puido demostralo sobre o terreo de xogo. O equipo local estivo moi sólido en defensa e buscou algunha contra que fixese dano ás de Irene Ferreras. 

No primeiro tempo, o cadro coruñés gozou dunha dobre oportunidade para adiantarse no marcador, pero foi o Baleares, cun gol de Karla no 45, o que chegou en vantaxe aos vestiarios. 

Na segunda parte intensificou o dominio o cadro coruñés, pero non deu marcado o gol que levase a eliminatoria aos penaltis. Mesmo estrelou un remate contra o traveseiro a quince minutos do final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade