Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca pecha a primeira volta gañando 3-0

O Deportivo Abanca pecha a primeira volta gañando 3-0

Os tres goles das de Miguel Llorente foron de María Ruíz, Patri López e Ainhoa Marín

G24.gal 22/01/2022 18:58

O Deportivo Abanca consolidou o seu liderado cun cómodo triunfo en Abegondo diante do Parquesol.

3-0 venceron as coruñesas, aínda que a vitoria foi pola mínima durante moitos minutos, grazas a este gol de María Ruíz no seis da primeira metade.

Houbo que agardar ata o último cuarto de hora, que foi cando as de Miguel Llorente sentenciaron o choque con dous tantos en dous minutos. Patri López anotou o 2.0, e Ainhoa estableceu o definitivo que deixa ao Deportivo Abanca cunha renda de catro puntos e dous partidos máis co Levante As Planas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade