Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca golea o Granadilla B con tres de Carlota Suárez

O Deportivo Abanca golea o Granadilla B con tres de Carlota Suárez

Foto: @RCDeportivo
G24.gal 26/11/2022 20:30

O Deportivo Abanca non tivo problemas para facerse co triunfo ante o Granadilla tinerfeño en Abegondo.

Catro a cero foi o contundente resultado do encontro. O conxunto branquiazul xa gañaba no descanso por tres a cero. Paula Gutiérrez logrou o primeiro gol no minuto 17. Todo un golazo. Os outros tres foron marcados por Carlota Suárez. No 29, facía o segundo logo de transformar un penalti. O tres a cero, no tempo engadido do primeiro tempo. O cuarto e definitivo, completando así o hat trick de Suárez, chegaría no minuto 89. O Deportivo Abanca suma 20 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade