Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca falla na última xornada e terá que ir ao 'play out'

O Deportivo Abanca falla na última xornada e terá que ir ao 'play out'

Cun triunfo tería asegurado a permanencia pero empatou co Atlético B

Este martes xogarase diante do Real Unión de Tenerife manterse na segunda categoría do fútbol español

G24.gal 28/05/2022 22:51

No fútbol feminino, o Deportivo Abanca vai ter que loitar por non baixar á terceira categoría. As coruñesas empataron esta tarde a dous goles diante do Atlético de Madrid B en Abegondo. Adiantáronse por dúas veces as visitantes. Primeiro por medio de Reyes aos cinco minutos. Gol que neutralizou Inés preto do descanso logo dun saque dende o curruncho.

Pero xa na segunda metade, e desde o mesmo córner, este gol olímpico de Isabel Pala volvía adiantar ao filial colchoeiro. O empate a dous definitivo marcouno Inés no minuto noventa e catro. Ese tanto non impediu que o Deportivo Abanca teña que loitar pola permanencia na segunda categoría do fútbol feminino.

O rival será o Real Unión Tenerife, no que xoga unha ex deportivista como Miriam Rios. A eliminatoria, a partido único, xogarase este martes en Riazor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade