Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca estraga dous goles de vantaxe diante do DUX (2-2)

O Deportivo Abanca estraga dous goles de vantaxe diante do DUX (2-2)

Ainhoa Marín e Millene encarreiraron o resultado con senllos goles

Isina reduciu a diferenza antes do descanso, e igualou Mawete

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 11/10/2025 21:46

O Deportivo Abanca malgastou dous goles de renda diante do Dux Logroño. Empatou a dous goles, un resultado que non lle deixa abrir oco coas posicións de descenso. 

O partido comezou moi ben para as galegas que aos 7 minutos tiñan vantaxe cun gol de Ainhoa Marín. No 24 marcaron o segundo. Foi nun penalti que converteu a brasileira Millene Cabral. Incluso o Deportivo marcou o terceirto per invalidouno o VAR.

Foi moi imporante o gol do Dux Logroño no engadido da primeira parte. Marcou Isina. E no 25 do reinicio, a congoleña Mawete logrou o definitivo empate a dous.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade