Cargando resultados...
O Deportivo Abanca cae goleado polo Real Madrid en Valdebebas (4-0)
Primeira derrota na Liga das de Fran Alonso
Foto: @realmadridfem
G24.gal
21/09/2025 21:09
Primeira derrota do Deportivo Abanca nesta cuarta xornada da liga feminina. No díficil campo do Real Madrid perdeu por 4-0.
O equipo branco, sempre un dos equipos fortes da competición, aínda que esta temporada non comezou ben e, de feito, chegaba ao partido por detrás das coruñesas na táboa, colleu rapidamente unha vantaxe cómoda no marcador. Ós dous minutos marcou Caroline Weir. E no dez fíxoo Sara Dabritz.
Quedou o Real Madrid con dez no minuto 32. Foi expulsada con cartón vermello directo Shei. Pero, aínda en inferioridade, chegaron dous goles máis. Repetiu Dabritz, para asinar o dobrete no minuto 54, e anotou o cuarto a ex-deportivista Athenea xa no tempo engadido do partido.