Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca acada unha malleira histórica no campo do Madrid CFF (1-6)

O Deportivo Abanca acada unha malleira histórica no campo do Madrid CFF (1-6)

As galegas foron por diante ao descanso, e golearon na segunda metade

Suman 10 goles nas súas dúas últimas saídas, e vinte puntos na táboa

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 08/02/2026 16:34

O Deportivo Abanca goleou por segunda saída consecutiva. Desta volta, as de Fran Alonso marcaron seis goles na súa visita ao Madrid CFF, despois de vencer hai dúas xornadas por 0-4 en Logroño. Polo medio, perderon co Real Madrid, nun partido en Riazor no que tamén fixeron dous goles. 12 tantos a favor nos últimos tres encontros, unha gran cifra para pensar na escalada clasificatoria.

Os coruñesas encarreiraron a vitoria na segunda metade, logo dun primeiro tempo igualado. Espe abría a conta de penalti aos 14 minutos, pero Nautnes empatou aos 35’ para o conxunto madrileño. Xusto antes do descanso, Barth volvía adiantar ás galegas.

Á volta de pausa, Raquel marcaba o 1-3 cando só ían dous minutos, e aí rachou o partido. Vera, Paula e Monteagudo foron anotando sucesivamente ata o 1-6 final. Un resultado que deixa ao Deportivo Abanca no 12º posto con vinte puntos, 11 por riba dos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade