Cargando resultados...
O Dépor xa pode voar en Riazor no Teresa Herrera: chegou o himno
VOA é o himno co que o Dépor celebra o 120 aniversario
Xoél López encargouse da música e da letra
G24.gal
11/08/2026 20:49
O Deportivo da Coruña presentou o novo himno, co que celebra 120 anos de historia e de unión coa cidade. O músico coruñés foi o encargado de poñer a música e a letra de 'VOA', co que o club quere unir a varias xeracións de deportivistas "a través da emoción e a tradición".
Xunto a Xoél López, participaron na gravación do himno Kilomberos de Monte Alto, Xacarandaina, o Coro Infantil Cantábile, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Caamaño & Ameixeiras, Belém Tajes e Susana Seivane, entre outros artistas.
O himno será entoado por primeira vez mañá en Riazor no Trofeo Teresa Herrera ante o Real Madrid.