Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dianteiro Berto Cayarga, reforzo para o ataque do Deportivo

O dianteiro Berto Cayarga, reforzo para o ataque do Deportivo

Berto Cayarga actúa como extremo e procede do Radomiak SA Radom, equipo da Primeira División polaca

Asina para as dúas próximas temporadas

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 24/08/2023 12:07 Última actualización 24/08/2023 13:59

Alberto Cayarga Fernández é novo xogador do Dépor para as dúas próximas temporadas, ata xuño de 2025.

Berto Cayarga, como é coñecido futbolisticamente, actúa como extremo e procede do Radomiak SA Radom, equipo da Primeira División polaca, enque militaba desde o pasado mes de xaneiro.

O dianteiro asturiano xogou nas categorías inferiores do Navarro C. F., o SD Llano 2000 e o Real Sporting de Gijón.

Os seus primeiros pasos como sénior deunos en Terceira División, cedido polo equipo xixonés no Langreo no curso 2015-16. Incorporouse no verán de 2016 ao filial do Spórting de Xixón, co que xogou dúas campañas, a 2016-17 en Terceira División e a 2017-18 en Segunda B. Nesta última destapouse con 7 goles en 35 partidos, 30 deles como titular.

O Rácing de Santander fíxose cos seus servizos para o seu primeiro cadro de cara ao exercicio 2018-19. Berto Cayarga xogou 39 encontros, 29 como titular, e marcou 4 goles que axudaron ao conxunto cántabro a ascender á categoría de prata.

Despois de 7 partidos en Segunda División, rescindiu o seu contrato co equipo santanderino no mercado de inverno e incorporouse ao Cartaxena. Co equipo murciano disputou 7 encontros e anotou 1 tanto, colaborando no seu ascenso a Segunda División.

Berto Cayarga xogou dúas campañas máis completas co Cartaxena, 2020-21 e 2021-22, a nas que sumou 73 partidos (37 como titular) e 5 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade