Publicador de contidos

O Cumbre Vieja suma unha nova coada e a calidade do aire é "extremadamente desfavorable"

VOLCÁN DA PALMA

O Cumbre Vieja suma unha nova coada e a calidade do aire é "extremadamente desfavorable"

A nube de cinza obrigou a cancelar varios voos e ameaza aeroportos

Os palmeiros viven unha xornada de Todos os Santos atípica

G24.gal 01/11/2021 21:36

O Día de Todos os Santos na illa da Palma viviuse en moitos casos sen poder visitar os camposantos. Foi unha xornada especialmente emotiva, pero tamén de preocupación, pola calidade do aire e por unha nova coada.

Ofrendas alternativas nun Día de todos os Santos marcado pola cinza dun volcán que, 43 días despois, segue activo. Homenaxe floral do Exército desde o aire e en terra. Ofrenda tamén no monólito con 3.000 nomes que en Los Llanos de Aridane substitúe o cemiterio de Las Manchas, cercado pola lava do volcán.

Recordo e resignación na sétima semana dun volcán que hoxe suma unha nova coada, a número once, que se despraza cara ao leste e que ameaza unha estrada vital para o acceso das forzas de seguridade, científicos e veciños.  

Nas últimas 24 horas a lava arrasou xa 4,2 hectáreas novas, en total son case 968. Preocupa a evolución da nova coada, a posibilidade de que haxa máis nos próximos días e tamén a calidade do aire no val de Aridane, 'extremadamente desfavorable', segundo dixo o PEVOLCA, onde se recomenda o uso de máscara FFP2. En cinco concellos da zona recoméndase tamén non saír das casas polo aumento da lava. 

A nube de cinza que obrigou a cancelar varios voos e ameaza aeroportos marcou unha xornada de grande actividade sísmica. Producíronse máis dun cento de tremores, aínda que ningún superou os 4 graos Richter.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade