Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CTA castiga a Iglesias Villanueva polo seu grave erro no Cádiz-Elxe

O CTA castiga a Iglesias Villanueva polo seu grave erro no Cádiz-Elxe

A Federación castígao e substitúeo no Levante-Atlético de Madrid de mañá na Copa

G24.gal 17/01/2023 13:30 Última actualización 17/01/2023 14:32

O Cádiz e o Elxe chegaban ao partido últimos no campionato e con urxencia de puntuar. Comeza mellor o Cádiz e marcou Ocampo aos sete minutos.

O uruguaio quita un córner e o balón rexeitado acaba outra volta nel, no bico da área e pegando un zapatazo con rosca que encaixa Badía.

O equipo de Sergio González mantén a vantaxe, e a porta a cero, até o minuto 81. Arranca a lea: a nove do final marca Ezequiel Ponce. Protestan os locais que o xogador do Elxe, nunha situación que non captan estas imaxes, parte de posición irregular e acaba dando a cacholada a gol nun servizo de Lautaro.

Sergio: "Del Cerro, hai que ser honesto, pediume desculpas. É un erro grave, clamoroso".

Na caseta do VAR estaba o galego Iglesias Villanueva, que non corrixe a situación, deixa en evidencia ao seu compañeiro Del Cerro Grande e perde o seu posto na sala VOR como medida disciplinaria polo erro flagrante. Así o anunciou a Federación contra a unha desta tarde substituíndo o árbitro galego no Levante-Atlético de Madrid de mañá na Copa.

O Comité Técnico de Árbitros recoñece vía comunicado que "non se pode acabar co erro humano" e por iso insta á Liga de Fútbol Profesional a implantar canto antes a tecnoloxía do fóra de xogo semiautomático que se acaba de utilizar na Supercopa de España. Un sistema que, en opinión da Federación, é infalible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade