Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo despide a temporada cun empate diante da Ximnástica

O Coruxo despide a temporada cun empate diante da Ximnástica

Os dous goles chegaron nunha segunda metade que puido ter moitos máis

Foto: @RSGimnastica
G24.gal 14/05/2023 17:10

Logo de ter feitos os deberes, coa salvación alcanzada na última xornada, o Coruxo despediu a temporada no Vao diante dunha Ximnástica de Torrelavega que mantiña unha opción remota de disputar as eliminatorias polo ascenso.

Houbo que agardar ata a segunda metade para ver os goles. O dos vigueses foi obra do xuvenil Yago, iso si, en colaboración co ex-porteiro do Celta B Sotres, que errou de xeito clamoroso. Pero non houbo que agardar moito polo empate. Case a seguir, Basurto establecía o empate a uns que non lles abondaba aos cántabros.

Os últimos minutos foron unha sucesión de ocasións nas dúas áreas, coa Ximnástica envorcada á busca do gol que os mantivese con opcións, e co Coruxo aproveitando moito mellor as contras. De feito, dispuxo dun bo número delas para acabar levando a vitoria, pero o balón non quixo entrar. O Coruxo remata a temporada na undécima praza, con 46 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos