Cargando resultados...
O Coruxo derrota o Pontevedra cun gol de Luismi
Na segunda metade os granates mandaron dous remates ao pau
G24.gal
10/08/2022 19:06
O Coruxo e o Pontevedra seguen engadindo carga de traballo á pretemporada e, desta volta, aproveitaron para xogar un amigable no campo do equipo vigués que gañou por 1-0.
Antonio aproveitou para probar a xogadores como Derik ou Mario Ortiz que teñen que ir entrando na dinámica do equipo. O primeiro tempo foi equilibrado, con máis ocasións para o Pontevedra pero no que Luismi marcou o único gol do partido no minuto 29.
O segundo tempo foi o dos remates aos postes. Dous do Pontevedra e un do Coruxo que malgastou varias situacións claras diante da portería visitante.