Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo culmina a remonta e xogará a fase de ascenso

O Coruxo culmina a remonta e xogará a fase de ascenso

Dependía de si mesmo e gañoulle por 4-1 á Segoviana

G24.gal 15/05/2022 15:52

O Coruxo será o equipo galego que buscará ese ascenso no playoff. O conxunto vigués cumpriu co seu traballo e derrotou por catro a un a Ximnástica Segoviana. Dous goles de Youseff, un de Antón de Vicente e outro de Diego Silva certificaron a clasificación do Coruxo para as eliminatorias de ascenso.

Unha situación impensable cando, contra o final da primeira volta e en postos de descnso chegaron os irmáns Montes. Jacobo e Marcos souberon reconducir o rumbo do Coruxo e poñelo no bo camiño. Cinco meses despois tentarán o ascenso a 1RFEF logo de rematar no cuarto posto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade